DICIONARIO MULTILING√úE DA CIENCIA DO SOLO
Búsqueda por:
Idioma:
Àrea:
 
Mot, fragment de mot o sintagma a cercar
cerca
Introduci√≥n Autores √Ārbore da ciencia Abreviaci√≥ns Bibliograf√≠a Edici√≥n en li√Īa Axuda
Creative Commons License
 
Imprimeix
Introdución
 
O Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo é unha iniciativa da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS), que conta coa participación de outras sociedades da Sociedad Latinoamericana de la Ciencia del Suelo, así como coa colaboración do Termcat, do Institut d’Estudis Catalans (IEC), da Real Academia Galega (RAG) e da Real Academia Española (RAE). Suscítase como un dicionario terminolóxico sincrónico en liña, con acceso aberto, con entradas separadas en español (con americanismos), catalán, galego e portugués (con americanismos), e con equivalencias en inglés e francés en todos os casos.

O Dicionario está a ser elaborado por ámbitos de especialidade da Ciencia do Solo. A parte dispoñible (seiscentas entradas) é a correspondente a Propiedades físico-químicas, químicas e comportamento do solo, que é o resultado do traballo conxunto e desinteresado de especialistas da SECS e da Sociedade Portuguesa da Ciência do Solo, baixo a dirección do Prof. Dr. Jaume Porta.
 
A versión en catalán está coordinada pola Prof. Dra. Rosa M. Poch (Universitat de Lleida - SECS), a versión en galego polo Prof. Dr. Eduardo García-Rodeja (Universidade de Santiago de Compostela - SECS) e a versión en portugués polo Prof. Dr. Fernando M. Girão Monteiro (Instituto Superior de Agronomia, Lisboa - SPCS). Especialistas en lexicografía do IEC (JM Mestres, Joana Torres e Mireia Trias), da RAG (Francisco Díaz-Fierros) e a RAE (Chelo Tovar) supervisaron os traballos en cada unha de estas linguas.
 
Tense previsto que a participación dos membros das Sociedades de Ciencia do Solo que integran a Sociedad Latinoamericana de la Ciencia del Suelo permita incorporar os americanismos, que se engadirán a medida que vaian sendo aceptadas as propostas recibidas.
 
Antecedentes
 
O Dicionario ten como antecedente o Vocabulari multilingüe de la ciència del sòl (edición en liña de 2010), cuxos autores son Jaume Porta e Rosa M. Poch e que foi elaborado no marco do programa «CiT (Terminologia de ciències i tecnologia)» de l’Institut d’Estudis Catalans (IEC). A súa vez o Vocabulari tiña como antecedente a obra publicada pola Universitat Politècnica de Catalunya no ano 1989, o Lèxic de la ciència del sòl, cuxos autores son Jaume Porta, Montserrat Ferret, Narcís Teixidor e Rosa M. Poch. Estes traballos permitiron identificar os termos utilizados en ciencia do Solo e serviron de base para suscitar o Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo, que amplía o número de entradas, de áreas de especialidade e inclúe as definicións.
 
Estrutura do web
 
O sitio web contén as páxinas seguintes:
   a) Introdució: páxina de inicio e apartado onde hai a presentación do Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo editado en liña.
   b) Autores: apartado no cal aparecen os autores de cada rama da árbore da ciencia.
   c) Árbore da ciencia: apartado no cal se inclúen todas as áreas de especialidade da árbore do coñecemento do dicionario.
   d) Abreviacións: espazo no que se inclúe unha táboa de descodificación das abreviacións empregadas nesta obra.
   e) Bibliografía: apartado que permite consultar a lista de obras bibliográficas utilizadas para cada unha das ramas da árbore da ciencia.
   f) Edición en liña: apartado no que se especifican tanto as institucións e persoas que deseñaron e desenvolveron a interface, como os créditos e o aviso legal de esta edición en liña.
   g) Axuda: eespazo no que se explican as instrucións para o manexo da páxina web da edición en liña. Neste apartado se pode encontrar: unha breve explicación dos campos de busca e de cómo se poden realizar as buscas. Ademais, neste apartado, se indica a dirección de correo para enviar suxestións: jporta@macs.udl.cat.